O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O domingo os e as voluntarias de Protección Civil de Teo recibiron este domingo un curso básico de extinción de incendios para protección civil.
O curso foi impartido de forma altruísta por Fuego y mar, Formación Integral, unha empresa teense sita no lugar da Poboa, que imparte todo tipo de accións formativas orientadas á obtención de diversos certificados de capacitación profesional.
A xornada contou coa colaboración do Servizo Municipal de Emerxencias de Teo, e asistiron tamén como convidados membros da Asociación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago De Compostela como Protección Civil de Ames.
Como sinalou Uxía Lemus, concelleira de Seguridade Local, "agradecemos a desinteresada colaboración da empresa teense Fuego y Mar, nesta xornada de formación moi completa e que non vai ser a última, co obxectivo de mellorar as competencias do voluntariado da AVPC de Teo, que amosan así o seu compromiso coa seguridade da veciñanza teense".