O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Os pasos de peóns no entorno dos colexios terán pictogramas para favorecer a accesibilidade das persoas con TEA

| compartir:

A campaña Teo co Tea impulsada pola Concellaría de Educación en colaboración coa Asociación BolboreTEA continúa este xoves 8 de abril coa instalación de pictogramas nos pasos de peóns dos colexios. Mañá farase un acto público no entorno do CEIP dos Tilos e contaremos coa presenza de Hugo Sanmartín, futbolista da SD Compostela e divulgador da realidade das persoas con TEA. 

A través desta iniciativa instalaranse pictogramas, en pasos de peóns próximos aos colexios e en semáforos. Esto favorecerá a accesibilidade cognitiva dos nenos e nenas co trastorno do espectro autista, e tamén serán beneficiosos para as persoas con dificultades cognitivas, a terceira idade e ás que lles custe comprender a información viaria. 

Para este acto de inauguración contaremos coa presenza do deportista Hugo Sanmartín, escritor e creador do blog "El viaje de Hera" onde plasma a experiencia da súa filla e dalle visibilidade ao autismo. Estarán tamén presentes as familias da asociación BolboreTEA. 

Segundo indican dende a Concellaría de Educación esta campaña terá continuidade durante todo o ano na procura de dar a coñecer a realidade do espectro autista e sensibilizar á veciñanza, ás familias e á sociedade en xeral, así como mellorar as destrezas persoais e sociais das persoas con autismo e fomentar a súa independencia persoal e inclusión na sociedade. 

 

pictogramas