O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Nos próximos días o servizo municipal de Augas de Teo fará traballos de mellora no sistema de aireación da Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) de Calo obrigando a verter ao río auga sen un tratamento completo. A previsión é que os traballos duren ao redor de catro días. As tarefas que se van executar na planta potabilizadora están enmarcadas dentro das obras de mellora da eficiencia enerxética. Concretamente o que se vai facer a próxima semana en Calo é o cambio de sistema de aireación superficial por outro de burbulla e as substitución dos axitadores actuais por outros máis eficientes, segundo informan dende o servizo.
Lamentablemente a depuradora só ten unha liña de tratamento, polo que para levar a cabo estes traballos de instalación das grellas de difusores e dos axitadores tipo “BANANA” hai que desviar o caudal de entrada e baleirar a totalidade do reactor biolóxico para poder acceder o seu interior. Isto impide igualmente a realización do proceso de decantación secundaria dos lodos biolóxicos.
Debido a configuración da EDAR, que conta con esta única liña de tratamento, a realización destes traballos obriga a facer un vertido de augas residuais sen tratatamento completo ao Dominio Público. Os traballos de mellora enerxética estanse realizando tamén nas EDARes dos Tilos e de Pontevea polo que este proceso terá que realizarse tamén nestas plantas, un traballo planificado para o mes de abril. Estes baleirados realízanse despois da correspondente tramitación diante de Augas de Galicia.
Os traballos nas plantas depuradoras de Teo teñen un orzamento de máis de 400.000 euros e están financiadas con cargo ao Programa FEDER de crecemento sostible 2014-2020, a través dunha axuda do IDAE.