O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

As piscinas descubertas abren o 15 de xuño

| compartir:

As piscinas descubertas dos Tilos e de Luou abrirán o 15 de xuño para estrear a tempada de verán, polo que a veciñanza xa pode xestionar o seu carné de aboado para poder desfrutar destas instalacións municipais ao longo do período estival.

Para tramitar este documento, débese entregar, nas oficinas administrativas da piscina municipal cuberta da Ramallosa a seguinte documentación: datos identificativos da persoa, certificado de empadroamento e os datos da situación familiar ou dos Servizos Sociais en caso de que fosen precisos. Aquelas persoas que xa teñan abono da piscina municipal cuberta de Teo en calquera das modalidades non precisa realizar ningún trámite nin tampouco teñen que realizar ningún pagamento.

Os abonos individuais custan 17 euros para as persoas de entre 25 e 65 anos e 14 euros para as menores de 24 anos. O abono familiar ten un custo de 27 euros e inclúe a parella e os fillos de ata 18 anos, a partir desa idade pagase un complemento de 8 euros. Están exentas de abonar as taxas as persoas desempregadas inscritas como demandantes de emprego e empadroadas en Teo, as crianzas menores de 5 anos e as persoas maiores de 65 anos. O prezo da entrada por día é de 2,5 euros.

Horario das instalacións

O horario das piscinas, que estarán abertas dende o 15 de xuño ao 15 de setembro, será de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas no caso da piscina dos Tilos; e de 16:00 a 21:00 horas de luns a venres no caso de Luou e de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas os sábados, domingos e festivos. Pola súa banda, a piscina cuberta abrirá durante os meses de xullo e agosto en horario de 07:30 a 14:00 horas e de 18:00 a 23:00 horas de luns a venres, de 10:00 a 14:30 horas os sábados e de 11:00 a 14:00 horas os domingos.

Melloras en Luou

Nestas últimas semanas estase traballando no contorno da piscina de Luou de cara a ampliar a zona de praia. O ano pasado fíxose na dos Tilos e agora é a quenda da de Luou, para que poida ter maior espazo para o esparcemento. Un tema, segundo indica o concelleiro de Deportes Ignacio Iglesias “fundamental en época covid cando delimitar os lugares e ter distancia entre os grupos é imprescindible”. A obra que se está facendo suporá a ampliación da zona de descanso en 500 metros cadrados que se gañan cara a zona da carballeira e no lateral. O espazo para aparcar tamén se incrementa na parte frontal. Aproveitando esta actuación presérvase o espazo da carballeiro do acceso con vehículos. Iglesias explica que os traballos melloran as condicións de uso dunha instalación cunha alta demanda.

piscina Tilos