O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A policía denuncia a varias persoas nunha festa ilegal

| compartir:

A policía local de Teo, no traballo de control do cumprimento da normativa sanitaria vixente, denunciou a varias persoas este pasado domingo por incumprir o peche perimetral e a prohibición de reunirse con persoas non convivintes. 

O 31 de xaneiro pola tarde o persoal de servizo recibiu aviso sobre a celebración dunha xuntanza nun domicilio no lugar de Catro Camiños, na parroquia de Oza, onde se supoñía que había un grupo grande de xente. A patrulla achégase á zona indicada e os axentes observan varios vehículos estacionados ao carón da vivenda. Pola matrícula puideron comprobar que non correspondían a veciños/as do Concello de Teo. 

Os axentes identificaron a dez persoas adultas, segundo foron saíndo da vivenda e  foron denunciados. Estaban ademais acompañados de nenos/as. As persoas denunciadas eran de fóra do Concello polo que incumprían a obriga de non saír do seu perímetro e tamén estaban con outras persoas coas que non conviven. Recoñecéronlle á policía que se xuntaran para a celebración dun cumpreanos. 

Dende a policía local destácase o bo nivel xeral de cumprimento da veciñanza pero alertan de que este tipo de comportamentos non se poden tolerar e que se manterán vixiantes. 

policia