O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A policía local de Teo desarticulou, nas últimas semanas, ata tres puntos de consumo e venda de droga na zona urbana do Concello. Realizáronse vixiancias especiais no entorno de Montouto e Os Tilos e detectáronse grupos de mozos comprobando que existe consumo e venda a pequena escala. Esto conlevou a identificación de varias persoas, algunha delas menor de idade.
As actas de denuncias, de carácter administrativo. son enviadas á Subdelegación do Goberno. Tamén se redactaron as correspondentes actas de incautación de substancias psicotrópicas que se envían á Delegación do Goberno de Sanidade Exterior da Coruña para a súa análise e destrución.
As multas por infraccións do artigo 36, apartado 16, da Lei Orgánica 4/2015, do 30 de marzo de Protección da seguridade cidadá por consumo ou tenencia de drogas poden conlevar importantes multas. Dende a policía local destácase que en Teo non existe un problema grave sobre o consumo ou a venda de drogas pero nalgunhas ocasións aténdese as propias chamadas telefónicas de veciños alertando de situacións anómalas.
En paralelo, nos controis de mobilidade que se están realizando para vixiar o cumprimento da normativa sanitaria, a policía local denunciou a trece condutores con presenza de droga no organismo notando un incremento desta circunstnacia nas últimas semanas. As mostra de saliva entregadas pola Policía Local no Servizo de Toxicoloxía da USC foron todas positivas, sendo as substancias máis habituais o THC (tetrahidrocannabinol) e a cocaína. A sanción por conducir con presenza de droga no organismo é de 1.000 euros e conleva a retirdada de 6 puntos do carné, segundo indican dende a policía local.