O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Policía Local de Teo informa da detención o mércores 19 de maio dun varón de mediana idade, veciño dos Tilos, por un "presunto delito de lesións no ámbito da violencia doméstica de parella".
Sobre as 11:00 horas a Policía recibe unha chamada dunha veciña da rúa Loureiro que observa como unha parella discute chegando a pelexarse. Os axentes realizan unha batida pola zona ata que atopan ao varón quen informa que acaba de pelexar coa súa ex moza. Tamén se localiza á outra parte que informa que a ex parella lle pegou na cara cuasándolle lesións leves e que ía cara o centro médico para ser atendida.
Diante desta situación os policías proceden á detención e lectura de dereitos ao suposto agresor. Tamén é trasladado ata o centro médico para logo realizar as dilixencias xudiciais.
Lémbrase que as vítimas de violencia de xénero dispoñen do teléfono 016 que non deixa rastro na factura e dende o Concello tamén se conta cun Centro de Información á Muller (981938475). O teléfono da Policía Local é o 606984838.