O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Policía Local de Teo informa que esta semana, nun control rutinario no lugar da Florida, en Lucí, detivo a un varón de nacionalidade rumana. Os feitos ocorreron cando lle dan o alto a un turismo con tres ocupantes. Cando os axentes comproban as identidades observan que un deles ten un sinalamento consistente en orde de detención e ingreso en prisión emitida polo xulgado do Penal 3 de Burgos, polo que se procede a informarlle que vai ser detido para pasalo a disposición xudicial. A continuación, segundo informan dende o servizo, "procédese coa lectura dos seus dereitos como persoa detiva e trasládase a dependenzas policiais para as dilixencias necesarias".
A Policía Local está realizando controis habituais relacionados coa seguridade cidadá, o cumprimento da normativa sanitaria e a seguridade viaria. Neste mesmo control, tramitáronse denuncias por drogas, un alcoholemia positiva e outras relacionadas coa documentacion de vehículos (itv e seguros).