O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Os días de Semana Santa terán máis controis por parte da Policía Local de Teo. Dende o servizo infórmase dun reforzo na vixilancia das estradas en Teo na fin de semana do 26 ao 28 de marzo e do 1 ao 4 de abril, coincidindo coas datas festivas. Nas últimas xornadas de controis véñense detectando incrementos no consumo de alcol e drogas polo que se considera procedente facer fincapé neste tema.
A xefatura da Policía Local presentoulle datos estatísticos dos controis realizados nas últimas semanas á concelleira responsable de seguridade, Uxía Lemus, e acordouse deseñar un operativo especial de reforzo para os vindeiros días ademais de lembrar as consecuencias que supón conducir despois de consumir alcol ou drogas.
Este reforzo vén motivado porque nesta última ponte festiva houbo infraccións por consumo de alcol nos controis realizados dende primeira hora da tarde ata o toque de queda ás 22:00 horas evidenciando que a xente comeza a beber antes. Dende o servizo explican que ata tiveron algún aviso de hostaleiros que alertaban de persoas que en pretendían conducir despois de ter bebido e presentando síntomas evidentes de alcolemia.
Nos controis atenderase tamén o cumprimento das normas en materia de mobilidade, consumo de estupefacientes ou alcol así como calquera cousa relacionada coa seguridade viaria.