O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
"Sentir Teo no Camiño" é unha audioguía con ollada feminina en primeira persoa. O acto público de presentación terá lugar o vindeiro día 30 de setembro, na Casa Común de Francos, ás 19.30 horas. Debido á normativa COVID as prazas para asistentes son limitadas. Podes inscribirte premendo aquí
Turismo de Teo presenta unha audioguía para coñecer e interpretar o patrimonio teense no paso do Camiño de Santiago portugués dende unha óptica feminista logo dun rigoroso traballo de investigación coas mulleres da contorna de Francos, Osebe, A Casalonga e A Pedreira. Narrada en primeira persoa, na voz de Marusela, adentrámonos no pasado que nos permite coñecer o sentido deses elementos patrimoniais e como significaron a vida desas mulleres.
O proceso comeza cunha investigación etnográfica que require a entrevista a 12 mulleres de Francos, Osebe, Casalonga e A Pedreira onde se indaga sobre as súas vivenzas vitais e como estas se relacionan co patrimonio. De que xeito os lavadoiros, fontes, escolas e muíños do noso territorio foron lugares e espazos onde se construía comunidade en feminino. Logo desa investigación e cun traballo conxunto co Arquivo municipal prepárase a guionización da audioguía. Trátase duns audios en primiera persoa onde unha muller, Marusela, conta as súas vivenzas nos diferentes espazos.
Casa Común de Francos, Lavadoiro de Francos, Carballeira de Francos e San Martiño, Lavadoiro da Casalonga, Fonte da Casalonga e Ponte medieval e lavadoiro do Río Tinto son os lugares onde se ubica a sinalética que nos permite escoitar este relato onde con rigor, Marusela nos fai viaxar no tempo, e comprender así mellor, o noso patrimonio.
Parte do proxecto foi financiado cos Fondos de Promoción e Dinamización do Xacobeo 2021 da Axencia de Turismo de Galicia.