O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Teo acolle o xoves 15 de xullo a presentación do libro-catálogo do arqueólogo Ramón Sobrino Lorenzo-Ruza. Memoria e legado dos Petróglifos. Trátase dunha obra editada polo Colectivo A Rula "no que se amosan materiais inéditos do Arquivo Sobrino- Núñéz con especial atención a Teo" segundo indican dende a asociación. O acto será o xoves ás 20:00 horas no Auditorio Municipal Constante Liste e para asistir hai que reservar entrada escribindo a entradascultura@teo.gal ou chamando ao número 981.941.063.
O libro recolle unha ampla selección do fondo documental e gráfico dun dos pais da arqueoloxía galega que adicou parte da súa vida a documentar o noso pasado dun xeito riguroso. Dende a Rula destacan que "Ramón Sobrino segue a ser, máis de sesenta anos despois da súa morte, un dos grandes referentes no estudo da arte rupestre galega, no só por ter sido un dos pioneiros neste campo concreto da nosa Prehistoria, senón tamén porq proporcionarlle unha dimensión científica ó estudo dos petróglifos e megálitos galaicos".
Este catálogo reúne máis de 450 fotografías e 130 documentos (planos, apuntamentos, deseños...), a grande maioría inéditos, dun total de 103 enclaves arqueolóxicos distribuídos en 31 municipios das provincias da Coruña e Pontevedra e do Norte de Portugal.
Estas imaxes permiten ver e coñecer algúns conxuntos patrimoniais xa desaparecidos e noutros casos ver os cambios experimentados nestes xacementos nestas últimas décadas froito da acción dos axentes naturais e da actividade humana.
Podedes consultar máis información sobre a obra premendo aquí
O acto de presentación conta coa colaboración da Concellaría de Cultura e a edición do libro ten o apio da Deputación da Coruña.