O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello publica a lista de subsanación das solicitudes de bolsas de ensino e transporte deste curso 2020/21. O prazo para solucionar a solicitude remata o 7 de maio e as persoas que deban facelo terán que entregar en prazo a súa xustificación documental no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica. A lista completa das solicitudes que teñen que realizar unha emenda pódese consultar premendo aquí ou no taboleiro do Concello. No caso de non presentar a corrección en prazo desestimarase a solicitude perdendo o seu dereito á axuda. Na listaxe aparece o nome da persoa solicitante e xa se especifica a documentación pendente, como pode ser por exemplo a falla da declaración da renda, de factura, copia do DNI, copia do libro de familia, etc.
Unha vez rematado este prazo para solucionar erros, e unha vez revisada a documentación presentada, publicarase a lista definitiva coa concesión das axudas. O Concello inviste cada ano preto de 35.000 euros nestas bolsas que pretenden fomentar o ensino público.
Consulta aquí a convocatoria completa coa lista de subsanación das bolsas de ensino
Lista completa de solicitudes que deben subsanar documentación antes do 7 de maio
Attachment | Size |
---|---|
ANUNCIO SUBSANACION DOCUMENTACION BOLSAS ENSINO E TRANSPORTE 2020-2021.pdf | 377.19 KB |