O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Publícanse as listaxes de admitidos/as nas escolas culturais

| compartir:

AVISO SOBRE O PAGAMENTO

Cultura informa de que o prazo de pagamento das escolas culturais se amplía ata o 31 de outubro. 

A decisión de ampliar este prazo tómase polas dificultades que se están detectando co pago a través do portal tributario e para que eso non supoña ningún inconvinte na confirmación das prazas adxudicadas. 

O departamento de Cultura publica as listaxes de persoas admitidas nas escolas culturais para o próximo curso 2021/22. 

As listas publícanse sen datos persoais identificando cada solicitude co seu número de rexistro e tres díxitos do DNI. Se non se lembra ese número poden chamar a Cultura para facer a consulta (881956010). 

Pagamento

Unha vez comprobada a inscrición hai que facer o pago da taxa correspondente do 24 de setembro ao 1 de outubro de 2021.

Este ano o Concello xa conta cun Portal Tributario polo que o pago da taxa recoméndase facelo a través deste medio. Hai que lembrar que debe facerse o pago polos trimestres nos que se fixo a inscrición. No caso de solicitar bonificación hai que enviar a documentación xustificativa por Sede Electrónica ou darlle entrada no Concello de Teo polo Rexistro de Entrada.

Entra aquí no Portal Tributario do Concello de Teo. Dende este portal podes facer a autoliquidación da taxa da actividade na que esteas admitido/a e realizar o pagamento directamente a través dunha pasarela de pago na que entras premendo aquí

Podes consultar aquí un titorial sobre o funcionamento do Portal tributario.

As actividades comenzarán a partir do día 4 de outubro.

Color