O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A rapazada inscrita no campamento xuvenil partiu esta mañá dende a Casa do Concello cara Santa Cruz de Oleiros, onde estarán ata o 11 de agosto. A concelleira de Mocidade, María López, acompañou a saída e comenta que "agardamos que a rapazada desfrute destes días de desconexión nun contorno seguro, xa que nos tempos que corren a mocidade precisa de espazos de convivencia e socialización". A concelleira destaca tamén que "os protocolos de protección fronte a covid-19 e os coidados están presentes nas cabezas de todas nestes días de campamento e en todas as actividades programadas".
O grupo pasará os vindeiros días nun albergue na localidade de Santa Cruz de Oleiros.
Entre as actividades programadas para pasar estes días de esparexemento hai moitas actividades. Ademais da praia e da posibilidade de facer deportes acuáticos tamén farán algunha ruta de sendeirismo. Xa nas instalacións haberá xogos de auga así como obradoiros de reciclaxe, de rastrexo ou de arte entre outras moitas e variadas actividades.
Este verán tamén se atenderán as medidas de hixiene e protección imprescindibles pola crise sanitaria e serán momentos que necesariamente haberá que atender durante estes días de convivencia para poder divertirse con seguridade.
O grupo do campamento infantil sairá o próximo 12 de agosto e tamén estarán en Santa Cruz de Oleiros.