O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo conmemora o 25N e volve a participar na campaña En negro

| compartir:

O 25 N haberá no propio edificio do Concello unha lectura de poemas e o manifesto institucional. Será ás 12:00 horas e está aberto a calquera persoa. Non é preciso anotarse. O acto poderá seguirse en directo a través da canle de youtube do Concello.

Durante o acto entregaranse camisetas da campaña en negro ás persoas asistentes.

Podes consultar aquí a declaración institucional polo 25 N

Teo conmemora o 25 N día internacional da eliminación da violencia contra as mulleres con distintas actividades que buscan sensibilizar contra este problema. Outro ano máis o Concello participa na campaña En negro coa que colaboran numerosos concellos galegos así como empresas e entidades sociais. 

O cartel deste ano ábrese coa obra Crónica dunha heterosexual insatisfeita o domingo 21 de novembro ás 19:00 horas no Auditorio Municipal Constate Liste. A actividade é de balde pero para asistir hai que chamar ao 981975626 ou mandar un correo-e a cim@teo.galCrónica dunha heterosexual insatisfeita é unha comedia unipersoal, e convídanos a reflexionar sobre normas ou parámetros que facemos propios sen pensar se hai unha opción diferente que teña máis que ver con nós mesmas. Aborda temas como a sexualidade, a parella, os soños e as frustracións, os desexos e as fantasías dunha muller que se anima a probar algo diferente, a “ser” da maneira máis completa e diversa posible reivindicando o seu dereito ao pracer.

O 24 de novembro farase un Obradoiro sobre desigualdades e violencia de xénero na Biblioteca dos Tilos á 17:00 horas. Esta actividade está dirixida a público xeral que teñan interese en coñecer máis sobre este tema e poida detectar esas desigualdades coas que convivimos e que en ocasións normalizamos. Para poder detectalas e combatilas é preciso este tipo de charlas e formación. Se tes interese en participar inscríbete no teléfono 881.975.626 ou escribindo a cim@teo.gal. 

Dende o Centro de Información á Muller (CIM) tamén se traballará durante estas últimas semanas de novembro en actividades de sensibilización nos centros educativos de Teo. 

O cartel péchase o mércores 1 de decembro cun encontro-debate co título "Hai saída grazas a ti" coa Asociacióin Valentes de Teo. 

O Concello conta cun CIM ubicado no edificio do Auditorio Municipal da Ramallosa, no primeiro andar. O teléfono de contacto é o 981.938.475 e o correo-e cim@teo.gal.

 

teatro         desigualdades

cartel

Arquivos descargables

Attachment Size
declaracioninstitucional_25N.pdf 599.16 KB