O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A concelleira de Cultura, Mayte Argibay, presentou o Nadal Cultural 2020 xunto coas empresas que colaboran na posta en marcha deste programa nas que destacan Augavá de Aurora García artista plástica e artesana e Tapicería Ares con Marcos Ares na plasmación do Recuncho Cultural e na posta en marcha coa novedosa Autocabalgata Emesports de Ezequiel Mosquera e presentando o evento e como mestres de cerimonias das súas maxestades os Roedores Peludiño e Munda de Redrum Teatro. Hoxe inaugúrase Recuncho de Nadal Cultural presidido por unha gran árbore no exterior do Auditorio Municipal que acompaña ao buzón real feito artesanalmente.
Dende a Concellaría de Cultura e Educación, "traballamos para evitar que esta situación de pandemia nos roube o Nadal, por elo presentamos unha Campaña de Nadal Cultural cun formato seguro que rematará o 5 de xaneiro coa Autocabalgata de Reis, e que terá as familias como centro de atención" indica a concelleira.
Como a prudencia manda, toca reinvertarse e traballar pola ilusión que estas datas suscitan nos nenos e nenas e na nosa veciñanza en xeral, e neste senso presentarase un ábano de actividades culturais variadas e seguras, e adaptadas á nova situación que estamos a vivir e tomando as medidas necesarias para evitar que se poña en risco a nosa saúde. Contaremos entre outras coas seguintes actividades:
Recuncho de Nadal Cultural: no exterior do Auditorio Constante Liste estará situado un espazo de nadal, dende mediados de decembro para reforzar e incentivar o ambiente de Nadal. Este recuncho contará cunha decoración singular feita a man, onde destacará un gran Buzón Real, para que cada neno/a poida entregar con tempo a súa carta ós Reis Magos. Neste buzón particular e especial que vai directo a Oriente, poderase entregar a carta ó teu Rei Mago favorito.
Entre todas as cartas recibidas sortearase publicamente o día 3 de xaneiro no exterior do Auditorio Constante Liste, 3 lotes de xoguetes educativos. Lembrade para elo poñer o voso teléfono na carta.
Neste espazo de Recuncho Cultural tamén podedes facer a vosa foto de Nadal a modo de Fhotocall e compatila nas redes. Ademáis desto haberá un poso de venda de churros os días 26 e 27 de decembro e 2 e 3 de xaneiro.
Programación cultural familiar: concertos, teatro, contacontos, máxia, teremos tamén programación en liña como unha homenaxe ao último CantaTeo pois este ano non poderá realizar fisicamente. No cal participaran o Coro de San Miguel de Raríz, a Coral da Asociación Cruceiro do Monte, a Coral San Simón de Cacheiras, a Coral Polifónica da Sociedade Recreativa de Calo, a coral Polifónica da Mámoa de Luou así como o xa non existente Grupo de Canto Aleceia dos Tilos.
Concurso de Postais: convócase a vixésimo primeira edición do Concurso de Postais: Debuxa o Nadal, onde os nenos e nenas de Teo demostran a súa linguaxe artística as súas vivencias, intereses, emocións e desexos arredor do Nadal. O prazo para a presentación de postais iniciase o 25 de novembro e remata o 11 de decembro de 2020. Os traballos poden presentarse no Departamento de Cultura do Concello (de 8:00 a 15:00 h), na Biblioteca do Grilo, na Biblioteca dos Tilos ou nos centros educativos do concello como é habitual. Os premios do concurso entregaranse nun acto con aforo restrinxido que terá lugar o 18 de decembro ás 20:00 horas.
Videoconferencia en directo cos reis magos: Queres que te Chamen os Reis Magos?: A partir do sábado 5 de decembro podes solicitar unha das 550 videochamadas por Whatsap personalizadas para que cada neno ou nena poida falar cos Reis Magos dende as súas casas. Para poder apuntarte deberás acceder á web teo.gal entre o 5 e o 29 de decembro e escoller a hora e día da videochamada entre o 30 de decembro e o 5 de xaneiro. Apuntamento por orden de entrada na web do Concello ata completar as 550 entradas. Podes solicitala premendo aquí
Agasallo máxico dos Reis Magos nos colexios: Este ano as súas maxestades deixaran na mesa da escola de cada neno escolarizado nos centros educativos de Teo un agasallo sorpresa máxico cargado de ilusión e esperanza, para que os nenos e nenas de Teo recarguen as súas batería das emociòns, sorrisos e experiencias que desexan para este novo ano que entra. A volta ó cole será toda unha alegría, no teu pupitre agardate o teu agasallo máxico!
Autocabalgata: sen saír do teu coche.
No noso concello cumpriremos coa ilusión de todos e todas de poder ver aos Reis Magos o día 5 de xaneiro.. Por tanto, sí haberá Cabalgata de Reis en Teo, pero dun xeito moi especial, cun formato novedoso e moi innovador adaptado ás circunstancias que vivimos.
O día 5 as súas maxestades chegarán a Teo moi cedo xa pola mañan, e irán cada un no seu Autobús Real histórico, percorrendo as rúas das parroquias e aldeas do noso concello sen saír do seu vehículo real. A música de nadal anunciará a súa chegada. Podedes velos pasar desde as ventás das vosas casas e saudalos. É importante evitar saír á rúa a pé, xa que aos Reis Magos non lles gusta que ninguén incumpla as recomendacións e normativas, e xa falaron ca policía local para que non se permitan as aglomeracións de xente nas rúas. Aproveita tamén para ollar qué Rei Mago visita a túa parroquia, e poderás compartilo nas redes.
Xa pola tarde, teremos unha moderna AUTOCABALGATA para facer a recepción oficial ás súas Maxestades. Será de xeito seguro e dentro do voso coche, sen saír del. Farase no campo da festa de Cacheiras ( o novo ), e por quendas de horas; haberá distintos pases para que poidan acudir todas as familias que o desexen.
O percorrido da Autocabalgata, comenzará pasando por debaixo dun arco sorpresa luminoso e máxico. Despois agardaredes cómodamente sentados no voso coche e sen sair del, mentras desfrutades de pequenos espectáculos guiados da man dos Roedores Peludiño e Munda de Redrum Teatro que nos presentarán a outros amigos moi especiais e coñecidos da tele para todos os nenos que serán unha sorpresa. Dende a radio do voso coche escoitaredes os espectáculos e o tradicional discurso dos Reis Magos, e poderedes velos nunha pantalla xigante LED. Finalmente poderedes pasar co coche por diante deles un a un e en primeira fila saudalos en directo, e incluso sacarlles unha foto se queredes, pero sempre sen saír do coche.
A Autocabalgata, será para as familias empadroadas en Teo, e é preciso apuntarse previamente na web teo.gal no apartado correspondiente que se habilitará na mediados de decembro.
Para acceder ao recinto, será necesario entregar unha entrada que se facilitará cando vos apuntedes.
NON SE PERMITIRÁ ACCESO PEONIL ao espazo acotado nas inmediacións da autocabalgata, co fin de salvagardar as medidas de seguridade do evento.