O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Consellería de Emprego e Igualdade vén de conceder unha subvención para a realización do proxecto do Obradoiro de Emprego de garantía xuvenil “EMPRÉGATEAPP”, que empregará e formará a 16 alumnos/as traballadores/as e comezará o 19 de xullo de 2021. O Concello de Teo é o promotor do Proxecto e conta, para o seu desenvolvemento e execución, coa colaboración dos concellos de Boqueixón e de Vedra. O territorio destas tres entidades constitúe o ámbito de actuación do proxecto.
O obxectivo deste Obradoiro de Emprego é a creación de aplicacións para dispositivos móbiles, orientadas tanto á promoción turística das zonas de actuación como á información e comunicación dirixida ás persoas usuarias.
Este Programa de emprego está dirixido a persoas mozas, maiores de 16 anos e menores de 30, incluídas no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.
Ademais, as persoas que reúnan estos requisitos terán que estar en posesión de titulación académica que lle permita realizar a formación do certificado profesional de nivel 3 (Título de Bacharelato; certificado de profesionalidade de nivel 3; Certificado de profesionalidade de nivel 2 da mesma familia e área profesional; cumprir o requisito académico de acceso aos ciclos formativos de grao superior ou ben superar as correspondentes probas de acceso reguladas polas administracións educativas; ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos e/ou de 45 anos; ter as competencias clave necesarias, de acordo co recollido no anexo IV do real decreto 34/2008, para cursar con aproveitamento a formación correspondente ao certificado de profesionalidade.
Ademais, as persoas candidatas deberán estar inscritas como demandantes de emprego na Oficina Pública de Emprego de Galicia nalgún dos seguintes servizos:
Lembrámoslle que para acudir ao Servizo Público de Emprego de Galicia deben solicitar primeiro unha cita previa ou darse de alta a través da páxina de emprego para o que deberán dispoñer de usuario e contrasinal.
As persoas interesadas deberán cumplir os requisitos antes do mércores 30 de xuño de 2021, data na que, previsiblemente, se solicitará a sondaxe do alumnado – traballador á oficina de Emprego Santiago Norte dende o Concello.
Para máis información poderán contactar cos concellos de:
Un ano de formación
Segundo indican dende o Departamento de Desenvolvemento Local o importe total do proxecto será de 419.492 euros dos que se cubren 50.000 euros con fondos propios e o resto o subvenciona a Xunta de Galicia. Este forte investimento, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, asume os custos de formación e os salaridos dos contratos de traballo de profesorado e alumnado. A duración do obradoiro é de 12 meses (1920 horas) e farase en horario de mañá na aula de formación da Casa Común de Oza.
O alumnado obterá (se superan a formación e a práctica) o certificado de profesionalidade IFCD0112: Porgramación con linguaxes orientados a obxectos e bases de datos relacionais. Coa obtención do certificado de profesionalidade o alumnado traballador que supere o programa formativo poderá traballar como Técnico en data mining (minería de datos) e como Programador de aplicacións de xestión.
María López, concelleira de Desenvolvemento Local, destaca "o interese deste investimento tan potente para un sector da poboación, os/as máis novos/as, cun problema de desemprego xuvenil moi importante". Ademais fala da "importancia de formar á mocidade nun sector como as novas tecnoloxías con posibilidades de empregabilidade importantes". López agradece tamén "a boa disposición dos Concellos de Vedra e Boqueixón así como o traballo do persoal técnico das tres administracións por sacar adiante este proxecto, proba de que o traballo intermunicipal pode funcionar cando hai vontade e intereses comúns en mellorar a oferta de servizos á cidadanía".