O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello de Teo volve a ser sede do Festival Atlántica. Trátase do máis relevante festival de narración oral, e nesta ocasión teremos 4 actuacións, que serán no Parque dos Tilos, na Carballeira de Francos, no local da Asoc. A Mámoa de Luou e na Burga de Xermeade, e con artistas tan relevantes como Raquel Queizás, Guti & Leticia Ruifernández, Celso Sanmartín e Paco Pakolas.
A directora do festival Soledad Felloza explica que o encontro, que celebra nove anos ininterrompidos de actividade malia a pandemia, desenvolverase por primeira vez no verán e ao aire libre, con boa parte dos espectáculos en espazos de gran valor patrimonial espallados por toda Galicia. Este grado de deslocalización vai achegar o encontro ata un público potencial de máis de 400 mil persoas grazas ao esforzo e ao traballo en rede dos concellos, fundacións e asociacións participantes. Os espectáculos están pensados para todos os públicos, desde bebés ata adultos pasando pola mocidade.
As restricións impostas pola pandemia supuxeron unha oportunidade para reformular o festival. Atlántica, que adoita desenvolverse no mes de marzo, celebrarase este ano durante os once primeiros días de xullo en espazos ao aire libre. Por primeira vez, os contos do festival escoitaranse en lugares destacados do patrimonio natural, coma no caso de Teo que serán na Burga ou na Carballeira de Francos.
Nos próximos días publicarase a programación completa de Teo.