O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Varios servizos municipais funcionan só con cita previa

| compartir:

Nos últimos meses, en parte provocado pola crise sanitaria, varios servizos municipais puxeron en funcionamento a atención con cita previa. Mediante este sistema permítese un mellor servizo evitando esperas e colaboramos no cumprimento da normativa sanitaria. Lembrámosvos aquí algúns dos departamentos que están funcionando deste xeito e algunhas das tramitacións que se poden realizar mediante correo electrónico, evitando deste xeito visitas innecesarias ás oficinas municipais. Na sede electrónica do Concello tamén se poden facer xestións en calquera momento. 

Augas de Teo

O servizo municipal Augas de Teo atende só con cita previa. Esta decisión adóptase por operatividade, para que as persoas que veñan realizar algunha xestión non teñan que estar agardando e tamén pola situación derivada da covid-19. Algunhas das xestións máis habituais pódense realizar a través da sede electrónica do Concello, operativa as 24 horas ou presentado a documentación por Rexistro xeral, nas oficinas municipais.

Augas de Teo atende os luns, mércores e venres de 09:00 a 13:00 horas de xeito presencial pero sempre con cita, que se pode concertar chamando aos seguintes números: 981.803.981 ou 628.779.066 (tamén por whatsapp). Non se darán citas por correo electrónico. Polo bo funcionamento do servizo e para evitar esperas a outras persoas usuarias prégase puntualidade coa hora concertada.

Dende Augas lembran que hai xestións habituais, como o cambio de domiciliación bancaria ou cambio de titular do contrato que se poden realizar no Rexistro do Concello ou por sede electrónica. Lémbrase ademais que as xestións debe realizalas o titular do contrato por protección de datos ou traer unha autorización asinada pola persoa titular.

  • Domiciliación do recibo: as persoas que queiran domiciliar o recibo deben asinar a orde Sepa e ten que facelo a persoa titular da conta bancaria. 
  • Cambio de titular do contrato por compravenda ou herdanza: No caso de compra do inmoble hai que solicitar o cambio mediante instancia xeral e aportar a escritura de compravenda ou copia simple da escritura, copia do DNI e certificado bancario da titularidade da conta. No caso de que sexa por herdanza hai que facer a solicitude mediante instancia xeral e achegar copia da acta de defunción, últimas vontades e testamento ademais do DNI e certificado de titularidade da conta.
  • No caso de ter a vivenda alugada o/a inquilino/a só pode cambiar o número de conta da domiciliación. A titularidade do contrato sempre é da persoa propietaria. Para que se cargue na conta do/a inquilino/a hai que achegar contrato de alugueiro. DNI e certificado bancaria da titularidade da conta.
  • Solicitude de débeda: Pode solicitala a persoa titular e pode facelo indicando os datos do número de contrato e nome do titular. Hai que solicitalo mediante unha instancia por Rexistro presencial ou electrónico ou nas oficinas de Augas de Teo.

Trámites tributarios

Dende a área de asuntos económicos tamén se informa dq eu se atende con cita previa ben chamando aos seguintes tfnos: 981940519 e 981815700 (extensión 1915) ou contactando no seguinte correo: intervencion@teo.gal. A atención telefónica farase todos os días da semana de 09:00 a14:00 horas. 

Este departamento atende demandas sobre xestións e trámites tributarios e moitas das cuestións pódense solucionar por teléfono ou correo electrónico. As máis habituais son os seguintes: 

  • Información sobre obxectos tributarios, consultas xerais sobre impostos e taxas.

  • Obtención de duplicados de recibos, xustificantes de pago, solicitude de modificación de datos persoais.

  • Información sobre dereitos e obrigas do contribuínte.

  • Información e tramitación de beneficios fiscais (exencións e bonificacións).

  • Asistencia na presentación de declaración tributarias (plusvalía), solicitudes de domiciliación de tributos de carácter periódico (IBI,IVTM, taxa lixo, vados, etc); solicitudes de aprazamentos e fraccionamentos de pago, devolución de ingresos indebidos e resto de trámites de carácter tributario.

  • Alteracións de titularidade, altas e baixas na taxa por recollida de lixo.

  • Obtención de informes de estar ao corrente de pago nas obrigas tributarias.

  • Información sobre a convocatoria municipal de axudas de ensino e transporte.

  • Servizo de consulta de datos catastrais non protexidos, certificacións da referencia catastral e consulta de cartografía.

  • Servizo de notificación de acordos catastrais por comparecencia electrónica si o interesado achega a clave concertada recibida ao efecto.

Aquelas persoas que dispoñan de medios de identificación electrónica poderán realizar as súas tramitacións online a través dos seguintes medios:

Sede electrónica do Concello premendo aquí

Sede electrónica da Deputación Provincial premendo aquí

Oficina virtual tributaria da Deputación Provincial premendo aquí

Outros departamentos coma Servizos Sociais ou Urbanismo siguen funcionando con cita previa. Deixamos o listado de correos electrónicos doutras áreas por se precisades contactar para calquera consulta ou para fixar unha cita:

  • Urbanismo atenderá con cita previa chamando ao 981815700 ou enviando un correo electrónico a urbanismo@teo.gal.
  • En Servizos Sociais as traballadoras sociais atenden ao público con cita previa os martes, mércores e os venres entre as 09:00 e as 14:00 horas con cita previa concertada no teléfono 981809707 ou enviando un correo a servizossocias@teo.gal. Para consultas das escolas infantís municipais a atención será de 9 a 3 no teléfono  881819356 ou no correo electrónico eimteo@teo.gal.
  • Oficinas xerais: para solicitar certificados de empadronamento podes escribir a certificados@teo.gal
  • Secretaría: secretaria@teo.gal
  • Medio Ambiente: medioambiente@teo.gal
  • Cultura: cultura@teo.gal.
  • Mocidade:mocidade@teo.gal. 
  • Lingua: politicalinguistica@teo.gal
  • Turismo: turismo@teo.gal. Teléfono: 981936629.
  • Mobilidade: mobilidade@teo.gal. 

O teléfono da Policía local é 606984838 e o de Protección civil o 649804720.

 


 


 

teléfono