O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Xoán Curiel presenta en Teo o seu novo disco ´Treides comigo!´

| compartir:

Xoán Curiel presenta o seu novo disco, Treides comigo!, en Teo. Será o 27 de agosto na Burga de Xermeade ás 19:00 horas. A actuación contará coa participación de Iris Gey e traen unha proposta chea de maxia e lirismo nun dos espazos naturais do Concello de Teo máis fermosos. A entrada é de balde pero hai que reservar no teléfono 981.941.036 ou escribindo a entradascultura@teo.gal. 

Curiel, no seu novo traballo, musicaliza varias cantigas medievais compostas por trobadores galegos vencellados dalgún xeito a autores dos lugares polos que transcorre o Camiño de Santiago. Xunto coa cantante e filóloga Iris Gey, realizou unha revisión e unha abordaxe contemporánea das cantigas medievais galegas para crear este novo traballo discográfico. Podes ver e escoitar parte deste traballo premendo aquí

O compositor e cantante Xoán Curiel é un artista moi próximo ao Concello de Teo ademais de veciño. Ten participado en numerosas ocasións na programación cultural e é a persoa encargada das clases de guitarra na que forma dende hai anos a numeroso alumnado. 

Esta actuación forma parte da programación da Concellaría de Cultura do mes de agosto e é parte do programa Cultura no Camiño. 

treides