O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

A Xunta remite o Plan de restauración da Casalonga ao Concello

| compartir:

A Xunta de Galicia remitiu nos últimos días a documentación relativa ao expediente da actualización do plan de restauración para a concesión da explotación "Casalonga" nº 6996 iniciada o 26 de maio de 2020 por Toysal. Trátase da resposta á solicitude de información feita dende o Concello a primeiros de xuño sobre este tema, xa que dende a Dirección Xeral de Minas non consideran que o expediente teña que ter exposición pública. 

Diante desta postura o Concello solicitara por escrito o acceso a esta información ademais de cuestionar que a tramitación actual se axuste a dereito xa que dende o ámbito municipal deféndese que é preciso a tramitación dunha Declaración de Impacto Ambiental e neste momento a Xunta opta por outra vía de tramitación. 

Neste momento os servizos técnicos e xurídicos están estudando a documentación. No expediente consta unha proposta de resolución de aprobación definitiva. Dende o goberno municipal estarase atento a esta resolución xa que se sigue defendendo a necesidade dun plan de restauración cunha tramitación garantista, transparente e axeitada ás condicións actuais da canteira. 

Podes consultar aquí o Plan de restauración presentado en maio do 2020. 

canteira

Arquivos descargables