O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 9 de maio abre o prazo de inscrición nos Diverteo que se celebran durante o verán. Trátase do programa de conciliación que se oferta nos períodos de vacacións escolares. Está dirixido a crianzas escolarizadas nos CEIPs e no CRA entre 3 e 12 anos, con preferencia para as persoas empadroadas en Teo. O servizo ten un horario de funcionamento de 7:30 a 15.30 horas ou ata as 14:00 horas sen xantar.
O programa faise nos CEIPs de Calo, Os Tilos e A Ramallosa agás o de agosto que se fará só no colexio da Ramallosa.
O Diverteo de xuño funcionará do 23 ao 30 de xuño e a inscrición está aberta do 9 ao 27 de maio. A listaxe provisional publicarase o 31 de maio.
O Diverteo de xullo e agosto funciona por quincenas para que as persoas usuarios poidan adaptar á demanda ás necesidades reais de conciliación podendo solicitar unha soa quincena ou o mes completo.
O Diverteo xullo terá unha primeira quenda do 1 ao 15 e a segunda do 18 ao 29. A inscrición está aberta do 9 de maio ao 3 de xuño. A listaxe provisional publícase o 7 de xuño.
O Diverteo agosto terá a primeira quenda do 1 ao 12 e a segunda do 16 ao 31. A inscrición abre do 9 de maio ao 1 de xullo. A listaxe provisional publícase o 5 de xullo.
A inscrición faise entregando a ficha de inscrición e a documentación que se indique na mesma a través da Sede electrónica ou no Rexistro do Concello.
As listaxes publicaranse cun código que corresponde co número de rexistro.
Descarga aquí a ficha de inscrición dos Diverteo do verán e aquí a folla de declaración covid
Descarga aquí a folla informativa sobre os Diverteo Verán con toda a información e datas de inscrición, publicación e pagamento. O custe do programa é de 5 euros só a atención educativa ata os 9 se é co servizo de comida.
En todos os casos unha vez publicadas as listaxes provisionais ábrese o prazo de pagamento co que se confirma de xeito efectivo a praza. Dende o Concello remitirase por correo postal o documento de autoliquidación que se utilizará para o pago da cota. Este pago poderá facerse en Abanca (ben nas oficinas no horario comercial de pagos ou ben en caixeiro automático) ou na banca electrónica (en caso de ser cliente da dita Entidade). Así mesmo, pode realizarse a través da pasarela de pagos que o Concello de Teo ten coa Entidade financeira ABANCA no seguinte enlace (https://ovt.teo.gal/portalCiudadano) dentro do apartado pago telemático/mediante documento de pago cunha tarxeta de débito ou crédito de calquera entidade financeira.
Unha vez realizado o pagamento deberá remitir ao departamento do CIM o xustificante de pago do recibo, ben de xeito presencial ou no enderezo electrónico concilia@teo.gal
No caso de haber máis solicitudes ca prazas o acceso será por orde de inscrición.
Programa de verán
No Diverteo realízase un programa lúdico no se traballa sobre un tema que fai de fío condutor durante cada edición. Ademais das dinámicas que se fan en cada sede tamén se programan saídas e pequenas excursións. Trátase de que as crianzas poidan estar atendidas pero teñan mañás lúdicas e divertidas.
Attachment | Size |
---|---|
declaracion covid conciliacion_0.pdf | 62.24 KB |
FICHA INSCRICION DIVERTEO veran_1.pdf | 155.07 KB |
Información xeral diverteo veran 2022.pdf | 108.99 KB |