O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Case 400 persoas inscritas na Carreira Batalla de Cacheiras

| compartir:

O 23 de abril conmemóranse en Teo a Batalla de Cacheiras, o enfrontamento militar acontecido no 1846 no alto de Montouto, que enfrontou ao exército sublevado dirixido por Solís contra as tropas de Madrid lideradas por Gutiérrez de la Concha. Mañá lembraremos esta data cun evento bastante máis lúdico, a tradicional carreira que percorre os mesmos camiños que os militares hai 176 anos. 

Case 400 persoas están isncritas para tomar parte neste evendo deportivo que conta con probas para escolares pola mañá e coa carreira absoluta pola tarde. O percorrido da proba absoluta vai dende Bamonde a Montouto, unha ruta histórica de gran beleza e 9 quilómetros con tramos de subida bastante importantes. Sen dúbida un espectáculo deportivo, tanto para participar como para ver. 

En caso de que as probas sufran modificacións de horario ou cancelacións por mor da choiva avisarase a través das redes sociais do Concello. 

As probas escolares celebraranse en horario de mañá este sábado 23 no lugar da Torre – Cacheiras. A proba absoluta celebrarase en horario de tarde, a partir das 17:30 horas dende Bamonde con meta no cumio de Montouto. 

Recollida de dorsais

A recollida de dorsais para as probas escolares farase a partir das 09.30 horas no lugar de saída e ata 30’ antes da súa proba. Para a proba absoluta será a partir das 16.00 horas no lugar da meta (alto de Montouto – Nave de Augas de Teo) e ata 30’ antes do inicio da proba respectando o horario de autobuses establecido pola organización. Todo/a atleta que entre na liña de meta sen o seu dorsal ou sen que estea debidamente colocado na parte anterior do corpo en toda a súa extensión será automaticamente descualificado.

Servizo de autobuses

Unha vez recollido o dorsal os/as atletas adultos/as que o necesiten serán trasladados en autobús ata o punto de saída da carreira. Os autobuses comezarán a funcionar dende Montouto ás 16:00 horas e o último sairá cara Bamonde ás 17:00 h. Ademais haberá servizo de roupeiro na liñas de saída (Bamonde) e meta (Nave de Augas de Teo). Os participantes tamén se poderán duchar no pavillón dos Tilos. 

A carreira está organizada polo Departamento de Deportes do Concello de Teo e conta coa colaboración das seguintes entidades e firmas comerciais: Federación Galega de Atletismo, Gadis, Silvereira, Excavaciones Midón, Martínez Montes, Club Monte Bravo, Grupo Boqueixón e BeOne. 

Máis información no regulamento da proba que podes consultar premendo aquí

carreira

Arquivos descargables

Attachment Size
2022 regulamento.pdf 1.02 MB