O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno ordinario de decembro

| compartir:

O mércores 29 de decembro celébrase o pleno ordinario deste mes ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

A orde do día completa ten os seguintes puntos:

  1. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da 1282/21 á 1433/21).
  2. Dación de conta do cumprimento do artigo 104 bis da lei 7/1985, do 2 de abril, en relación co persoal eventual. 
  3. Dación de conta do informe de tesourería de morosidade e PMP 3º trimestre 2021. 
  4. Ditame da proposta da alcaldía de ratificación do acordo transitorio de xestión do persoal laboral subrogado. 
  5. Ditame da proposta da alcaldía de acordo de adhesión ao convenio da Axencia estatal da administración tributaria e a Federación española de municipios e provincias, en materia de subministro de información de carácter tributario ás entidades locais. 
  6. Ditame da moción do grupo municipal de SondeTeo pola elimininación da susperstición como criterio técnico. 
  7. Mocións. 
  8. Rogos e preguntas. 
casa concello