O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Celébrase o pleno ordinario do mes de maio

| compartir:

O mércores 25 de maio celébrase o pleno ordinario. O horario será ás 20:00 horas no salón de plenos. O debate plenario terá lugar en horario de tarde como é habitual. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

Na sesión realizarase a comparecencia do alcalde, Rafael Sisto, sobre o contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria.

Orde do día:

  1. Aprobación das actas das sesións extraordinaria do 01/03/2022 e ordinaria do 30/03/2022.
  2. Dación de conta das resolucións da alcaldía (da Res 529/22 á Res 666/22).
  3. Dación de conta do informe de intervención de control interno do exercicio 2021. 
  4. Dación de conta dos resultados da liquidación 2021. 
  5. Comparecencia do alcalde sobre o contrato de xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos e limpeza viaria no Concello de Teo. 
  6. Ditame da moción do grupo municipal do BNG para a instalación de paneis de comunicación social. 
  7. Mocións.
  8. Rogos e preguntas.

 

casa concello