O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Convócase o pleno no que se vinculan os orzamentos a unha cuestión de confianza

| compartir:

O martes 1 de marzo celébrase un pleno extraordinario ás 13:30 horas no salón de plenos. Poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O único punto da orde do día é a aprobación dos orzamentos 2022 vinculados a unha cuestión de confianza. As contas presentadas pola alcaldía foron rexeitadas no pleno celebrado o pasado mércors 23 de febreiro. O rexedor, Rafael Sisto, xa anunciou que vincularía a aprobación das contas a unha cuestión de confianza. Se o punto queda rexeitado mañá ábrese un prazo dun mes para que se presente unha moción de censura cun canditado alternativo. De non presentarse nese prazo unha moción de censura os orzamentos quedarían aprobados. 

As contas para o 2022 recollen unha previsión de ingresos e gastos de 17 millóns de euros, concretamente 17.101.580,22 euros. 

Orde do día: 

  1. Aprobación de orzamentos 2022 vinculados a unha cuestión de confianza. 

 

Casa Concello