O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Convócase un pleno para aprobar o recurso de casación contra a sentenza pola pista da canteira

| compartir:

Este venres 9 de setembro celébrase un pleno extraordinario no Concello. O horario será ás 09:00 horas e poderase ver en directo a través da canle de youtube do Concello premendo aquí.

O punto principal desta sesión é a proposta de interposición de recurso de casación contra a sentenza do TSXG, de 8 de xullo de 2022, desestimatoria do recurso contra a resolución da Direccióin Xeral de Planificaicón Enerxética pola que se realizaba a expropiación da pista da canteira. A sentenza do mes de xullo desestima o recurso do Concello contra a expropiación e o pleno votará o recurso diante do Supremo. 

A orde do día completo ten os seguintes puntos: 

  1. Proposición da alcaldía de festivos locais 2023. 
  2. Proposición da alcaldía de interposición de recurso de casación contra a sentenza do TSXG, de 8 de xullo de 2022, P.O. 7724/2021, desestimatoria do recurso contencionso-administrativo interposto contra a resolución da Dirección Xeral de Planificaicón Enerxética e Recursos Naturais do 17 de agosto de 2021. 
Casa do Concello