O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello está executando a obra “Camiños escolares seguros, fase I” no entorno do CEIP Igrexa de Calo. Os traballos previstos para os vindeiros días provocarán a prohibición de circulación na zona da Cascalleira entre as 00.00h do LUNS día 31 de xaneiro ata as 24.00h do VENRES 4 de febreiro. Este corte de tráfico afectará ao transporte escolar e á liña 80715 de transporte de viaxeiros operada por Monbus.
A execución da obra require o corte dun pequeno tramo da estrada local Luou-Balcaide para a execución dunha plataforma única en formigón, obra que debe realizarse con tempo seco polo que decidiu programarse para a semana que vén en coordinación coa empresa que está executando os traballos. Pecharase o tramo comprendido entre o cruce do Pavillón de deportes de Calo e a pista de acceso ao CEIP (entrada principal)
Acceso ao colexio
Os autobuses de transporte escolar, durante a próxima semana, deixarán a recollerán ás crianzas na zona anexa á escola infantil de Calo. Dende aí farase o acceso ao recinto escolar a pé. A saída farase do mesmo xeito. As entradas e saídas contarán con apoio de persoal municipal.
As persoas que leven aos nenos/as en coche poderán aparcar nesa mesma zona ou acceder pola pista que vai por diante do colexio pero accedendo dende a N-550 por Balcaide.
O Concello vén de comunicar esta previsión ao colexio para que poida trasladar a información ás operadoras de transporte e ás familias.
As obras previstas afectan tamén á liña de transporte metropolitano 80715 que deberá desviarse. O itinerario alternativo para a liña 80715 consiste en que bus procedente de Luou non se desvíe cara Balcaide (no lugar de Quintáns) e siga pola estrada local Luou-Milladoiro ata o lugar de San Domingo, onde xira á esquerda cara Folgueiras-Carballal (enlazando co itinerario normal na parada de Carballal). Este desvío afecta ás paradas que o bus realiza en Mouromorto, O Castro, Cesar e A Xesta.
Acceso a vivendas
As persoas con vivendas na zona afectada polo corte serán informadas persoalmente polo persoal da empresa desta situación e das alternativas de acceso.
A obra "Camiños escolares seguros, fase I" forma parte do Programa de subvencións a proxectos singulares locais que favorezan o paso a unha economía baixa en carbono no marco do Programa operativo FEDER de crecemento sostible 2014-2020, no entorno do colexio de Calo.
Attachment | Size |
---|---|
mapadesvio_autobusmonbus.pdf | 239.37 KB |