O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Covid-19 deulle protagonismo ao deporte ao aire libre e sen dúbidas nestes meses fomos moitas as que saímos a andar e coñecemos mellor o noso territorio. Para seguir nesa liña dende as áreas de Deportes e Turismo ofertan unha programación estable de rutas para todo o ano.
“Andar é un deporte sinxelo para o que non precisamos ademais moito equipamento e ao alcance de calquera” explica o concelleiro de Deportes, Ignacio Iglesias. Neste 2022 “retomamos unha idea que xa comezáramos no 20, os Carreiros, un programa a través do que faremos unha ruta cada mes, serán circulares e durarán ao redor de 3 horas”.
A previsión é que as rutas de Deportes sexan o segundo domingo de cada mes. Coincidindo co mes de xaneiro publicamos a programación anual de Carreiros 2022 aínda que esta poderá sufrir cambios por temas organizativos.
A primeira ruta será o 23 de xaneiro Pola Fraga de Sestelo. A inscrición hai que facela enviando unha ficha de inscrición cos datos das persoas que queiran asistir ao correo-e deportes@teo.gal dende o 3 ao 20 de xaneiro.
Ruta dramatizada polos Quinquilláns
Pola súa banda dende Turismo durante este 2022 van seguir ofertando unha ruta dramatizada coa compañía Os Quinquilláns pola ruta da Batalla de Cacheiras. Será o último domingo de mes e as inscrición pódense facer entrando en turismo.teo.gal.
Esta proposta está dirixida a persoas acostumadas a andar xa que será un percorrido dende a reitoral de Bamonde ata o miradoiro de Montouto con case 9 quilómetros de andaina. Durante a ruta faranse varias paradas na que o actor e a actriz dos Quinquilláns debullarán parte do acontecemento histórico da Batalla de Cacheiras. A ruta comezará ás 10:00 horas e dende Montouto volverase en autobús.