O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Deportes presenta un verán deportivo para o mes de xullo

| compartir:

AVISO. 29 de xuño de 2022. 

A Concellaría de Deportes informa que todas as persoas inscritas están aceptadas na actividade que sinalaron. Xa se lles enviou un correo electrónico informándolle desto e indicando o prazo de pagamento que remata o 8 de xullo e o modo de formalizalo. Deben remitir o xustificante de pago a deportes@teo.gal unha vez realizado. 

Tamén destacamos que sigue habendo prazas na maioría das actividades así que as persoas interesadas poden seguir anotándose entregando a ficha de inscrición no Rexistro xeral ou por sede electrónica. 

A concellaría de Deportes presenta distintas actividades para que a mocidade teña un verán deportivo! As propostas céntranse en actividades acuáticas e outras disciplinas máis novidosas como poden ser o workout (calistenia) ou o street footbal. Case todas están dirixidas a público maior de dez anos, agás os cursos de natación nos que se poden inscribir a partir dos cinco. 

As propostas son as seguintes: 

  • Caiac o 11 de xullo para miaores de 10 anos. Na Burga de Xermeade ás 16:30 h. Custe: 10 euros. 
  • Ráfting o 20 de xullo para mioares de 10 anos. En Carcacía ás 16:30 h. Custe: 10 euros. 
  • Workout (Calistenia) os martes e xoves do mes de xullo a partir das 19:00 h. para maiores de 12 anos. Parque de Calistenia dos Tilos. Custe: 20 euros. 
  • Street footbal o 21 de xullo na piscina de Luou e o 28 de xullo na piscina dos Tilos a partir das 18:00 h.  Para maiores de 10 anos. Gratuíta.
  • Natación para nenos/as de 5 a 15 anos. Os martes e xoves a partir das 12:00 h na piscina dos Tilos e os luns e mércores de 16:45 a 17:45 na piscina dos Luou. Custe: 20 euros. 

As inscricións poderán facerse do 13 ao 27 de xuño no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica do Concello presentando a ficha de inscrición que podes consultar aquí

Consulta a información sobre os custes das actividades así como outros datos premendo aquí

Na actividade de caiac e rafting ofértanse 40 prazas. En workout e street footbal 15 e en natación 12 en Luou e 24 nos Tilos. 

No caso de que se cubran todas as prazas farase un sorteo público o 28 de xuño ás 12:00 horas no Concello. O 29 de xuño publicaranse as persoas admitidas. 

 

 

verán deportivo

verán deportivo