O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Educación achega aos centros escolares os "xogos do mundo"

| compartir:

A Concellaría de Educación e Cultura retoma o programa de dinamización educativa que tradicionalmente se realizaba cos centros educativos do Concello. Nestes días estase traballando cos CEIPs e co CRA levando ao seu alumnado os "xogos do mundo", dándolle importancia ao xogo como elemento central da escola como parte da aprendizaxe. 

Dende o Concello ponse a disposición dos centros escolares unha serie de recursos e propostas que complementan o traballo realizado nas aulas. Nesta semana estase a desenvolver o "Obradoiro de Xogos do Mundo", un espazo de encontro e lecer, onde os monitores e as monitoras dan a coñecer os distintos xogos do mundo a través do respeto cara a outras culturas.

O luns 4 e martes 5 visitaron as escolas do CRA, o mércores estarán no CEIP de Calo, o xoves no CEIP da Ramallosa e o venres no CEIP dos Tilos, para todo o alumnado de infantil e primaria dos centros. 

Xogos do mundo

Segundo explican o monitorado do obradoiro este traballo foi creado co fin de dar a coñecer os xogos de taboleiros, billares tradicionais e xogos pedagóxicos entre outros, orixinarios de países e culturas distintas da nosa e incluso doutras épocas. Preséntanse xogos dos cinco continentes a través dos que se poden coñecer xogos populares doutras zonas do mundo. 

Nesta actividade trabállanse habilidades coma a creatividade, psicomotricidade ou o achegamento á diversidade. 

No terceiro trimestre dende o Concello retomaranse as saídas dos escolares para que poidan coñecer espazos naturais do Concello de Teo. Este programa de colaboración cos centros educativos interrumpeuse por mor da pandemia pero vaise retomando de novo. 

Visita do IES

Por outra banda nesta semana tamén se recibirá no Concello a visita do alumnado do IES de Cacheiras. Dous grupos de 1º de Bacharelato coñecerán as oficinas municipais, o funcionamento administrativo e as distintas dependencias como o servizo da Policía Local ou o salón de plenos. Serán recibidos polo alcalde, Rafael Sisto, e a conceleira de Educación, María López. 

xogos do mundo