O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Ao longo deste ano executaranse no Concello de Teo unha senda peonil e ciclista por valor de preto de 2 millóns de euros. O proxecto dotará dunha importante mobilidade ás parroquias do sur e do centro do municipio. Os gastos destas obras financiaranse a través de fondos Feder e dunha liña de axudas do IDAE.
Segundo explica Uxía Lemus, concelleira de Sostibilidade, “trátase de actuacións incluídas dentro do Plan de Mobilidade Sostible Urbano de Teo, -PEMUs- e recollen accións para conseguir novos xeitos de moverse evitando o uso de vehículos de motor”. Ademais esta nova senda, que concecta con outros tramos xa existentes permitirá conexións de zonas urbanas importantes con equipamentos comunitarios.
Deste xeito, por exemplo dende o núcleo de Cacheiras poderase chegar a pé ata a piscina de Luou. Ademais a senda dotará moitas vías dunha maior seguridade viaria para os peóns. A senda será mixta, permitindo o seu uso para as persoas e os/as ciclistas. Asemade para a súa execución utilizarase as marxes das diversas vías xa existentes, evitando expropiacións.
13 quilómetros
A primeira parte desta senda, coa que se comezou a licitación, parte do núcleo da Igrexa de Luou, da beiravía existente, e vai ata o núcleo de Vilanova, en Recesende, onde tamén conecta cunha senda executada, cun percorrido de 1,9 quilómetros.
Outra das fases deste proxecto irá dende a igrexa de Reis ata a igrexa de Luou cun trazado de 5,1 quilómetros. A última afectará ás parroquias de Lucí, Oza e Bamonde xa que terá un percorrido que vai dende a Ramallosa ata a igrexa de Bamonde cunha senda de case 5,5 quilómetros. En total serán case 13 quilómetros novos de senda peonil que, unidos a tramos xa realizados previamente, incrementarán notablemente os percorridos que se poderán facer a pé e con seguridade no concello de Teo.
Podes consultar aquí a información sobre a licitación