O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A programación cultural de decembro está protagonizada pola maxia e pola música e moi centrada na oferta para as crianzas.
Os primeiros sábados de mes tivemos festival de maxia. Este sábado 17 queda a función do Mago Romarís con catro pases para que todas as crianzas poidan achegarse, nos seguintes horarios: ás 17:00, 18:00, 19:00 e 20:00 horas. O espectáculo "Maxia en familia" será no Auditorio Municipal Constante Liste e para participar hai que inscribirse premendo aquí
Será unha proposta de maxia coa participación do público e cos máis variopintos elementos: maxia con cordas, con botellas, con cartas, con laranxas, ata con chourizos. E non poden faltar neste espectáculo as sombras chinescas que tanto que lle gustan á rapazada.
O venres 23 de decembro desfrutaremos dos Apalpadoriños de Nelson Quintela nas rúas da zona comercial de Cacheiras. Será un pasarrúas de música e espectáculo de cabezudos e gaiteiros saíndo desde a rotonda de Montouto, xunto a administración de loterías, baixando ata o restaurante Pórtico de Cacheiras.
O ano rematará coa música de Pakolas o venres 30 ás 18:00 horas no Auditorio da Ramallosa. E o 2023 comezará tamén con ritmo, o de Paco Nogueiras e o seu Radio Bule Bule en concerto o martes 3 ás 18:00 horas. A reserva de praza xa se pode facer entrando no apartado de actividades da web municipal.
Durante o mes tamén se ofertan distintos obradoiros. Na semana do 26 ao 30 farase un obradoiro audiovisual para mocidade na Casa Común de Oza. O horario será de 16:00 a 20:00 horas e para asistir hai que anotarse premendo aquí.
Outros talleres para crianzas serán o martes 27 de doces de nadal e o xoves 29 de farois con vimbios. Os dous serán na Casa Común de Cacheiras de 17:00 a 19:00 horas.
Apalpador en Pontevea
Ademais o Apalpador leva xa uns anos tendo a costume de baixar das devesas do Courel nas frías datas do Nadal para visitar as crianzas teenses, acompañalas e ver se están ben alimentadas apalpándolles o bandullo.
O domingo 18 de decembro estará na Ruta Apego da Burga de Xermeade, en Pontevea, para brincar con todas as persoas que se acheguen a este fermoso paseo.
Podes buscalo entre as 12 e as 14 h e de 16 a 18 h.