O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Nadal en Teo conta este ano cun Bosque de noso que ten unha particularidade moi especial, precisa da colaboración comunitaria para alumear. O bosque de inverno está formado por árbores, réplicas das árbores de noso que están instaladas nas áreas comerciais, e varios animais. Ao carón do recuncho navideño hai varias bicicletas que sirven para alumear as figuras. Así que se visitas o bosque de noso vén con folgos para pedalear e alumear este espazo de Nadal.
O bosque de noso está instalado no pavillón da Ramallosa e estará aberto ao público do 26 de decembro ao 6 de xaneiro, en días de semana, de 17:00 a 20:00 horas. Esta instalación estaba prevista para exterior mais a mala previsión meterolóxica destas semanas fixo que se acordar colocar no pavillón Ezequiel Mosquera, onde o 5 de xaneiro se realiza a recepción aos Reis Magos.
Durante estes días tamén se farán alí varios obradoiros e o venres 23 o espectáculo Os apalpadoriños de Nelson Quinteiro.