O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O 23 de abril Teo volve a realizar a Carreira Pedestre Batalla de Cacheiras recuperando o percorrido previo á pandemia. Deste xeito a carreira absoluta terá unha ruta de 9 quilómetros dende a reitoral de Bamonde ata o alto de Montouto, na Pena Escorredía.
As inscricións, tanto nas probas para escolares coma na proba absoluta, faranse a través da web www.emesports.es ata o martes 19 de abril ás 23:59 horas e xa están abertas. Podes inscribirte premendo aquí
Esta proba deportiva recupera a tradición de conmemorar os acontecementos históricos da Batalla de Cacherias, acontecidos o 23 de abril de 1846. O percorrido da proba absoluta vai polos camiños por onde as tropas do xeneral De la Concha avanzou para enfrontarse ao exércitos sublevado do xeneral Solís. A saída farase dende a Reitoral de Bamonde ás 17:30 e a meta será no alto de Montouto, na Pena Escorredía. A entrega de premios farase ás 17:30 horas.
Probas escolares
As probas escolares celebraranse en horario de mañá e serán no lugar da Torre, no espazo do parque enriba da autovía. As probas das crianzas comezarán ás 10:30 e rematarán sobre as 12:30. A continuación farase a entrega de premios.
Os escolares competirán nas seguintes categorías:
Podes consutlar o regulamento da proba e o resto de información de interese premendo aquí
Ruta dramatizada cos Quinquilláns
Turismo programa para o domingo 24 unha ruta dramatizada pola ruta da Batalla de Cacheiras. A proposta é unha andaina dende Bamonde ata o miradoiro de Montouto, nun percorrido coma o da carreira. Neste caso será o domingo dende as 10:00 horas e as persoas camiñantes estarán acompañadas da compañía Os Quinquilláns, que farán varias paradas e debullarán parte deste acontecemento histórico. A inscrición nesta actividade hai que facela entrando en turismo.teo.gal, no apartado de Actividades.