O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O concello vén de incorporar un novo vehículo ao parque móbil da Policía Local. O subministro faise mediante renting por catro anos e entregouse esta semana. O coche é un Honda CR-V. A licitación do mesmo esixía que fose un híbrido con tracción 4x2 de tipoloxía SUV cunha cilindrada mínima de 1900. A emisión combinada de CO2 máxima pode ser de 160 g/km e o consumo combinado máximo de 7 l/100 km. Estímase unha quilometraxe anual de 20.000 quilómetros. O importe da licitación é de 34.415 euros sen ive.
O alcalde, Rafael Sisto, responsable de seguridade destaca a necesidade de contar con este novo coche dada a antigüidade do parque móbil asignado á Policía Local. A tipoloxía dos vehículos cos que conta o servizo son ademais pouco respectuosos medioambientalmente polo que con esta nova incorporación tamén se mellora nese tema. "Con este novo subministro melloramos a seguridade e tamén nos dotamos dun coche máis sostible dende o punto de vista medioambiental" indica o rexedor.
Así mesmo o Concello confía en poder optar a unha subvención da Dirección Xeral de Administración Local para a adquisición de vehículos alternativos mediante o sistema de renting destinados aos corpos da Policía Local que se teñen convocado con anterioridade.