O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello venderá nas vindeiras semanas 20 parcelas, todas edificables. Están situadas a maioría en Cacheiras, na zona de Augas Mansas, aínda que tamén hai dúas na zona dos Verxeis, unha na Torre e outra en Cornide. A venda farase mediante poxa e a licitación farase pública a finais de setembro.
A previsión é que o anuncio desta licitación, que abrirá o prazo para que as persoas interesadas poidan poxar por algunha das propiedades, saia nos últimos días de setembro.
O anuncio publicarase no Boletín Oficial da Provincia e na web teo.gal. O prazo que se establecerá dende o anuncio para formalizar a solicitude será de 20 días hábiles dende o día seguinte á publicación do citado anuncio.
Saen á venda 14 lotes e un total de 21 parcelas, xa que en varios lotes hai dúas parcelas. As fincas de Augas mansas teñen capacidade para construír adosados. O sistema de venda farase mediante poxa en sobre pechado. Deste xeito levará o lote a oferta máis alta das presentadas. A documentación completa do procedemento de venda poderase consultar a partir da publicación do anuncio de licitación.
Se algunha persoa está interesada en coñecer a ubicación dalgunha das parcelas pode premer aquí
Outros datos de interese como o prezo de saída dos lotes ou o tamaño das parquelas podes consultalos na seguinte imaxe:
Attachment | Size |
---|---|
Parcela_Os Verxeles.pdf | 1.86 MB |
Parcela_Cornide.pdf | 1.86 MB |
Parcela_AugasMansas.pdf | 1.53 MB |
Parcela_ATorre.pdf | 1.62 MB |