O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

O TSXG falla a favor da expropiación da Xunta no proceso pola titularidade da pista da canteira

| compartir:

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou sentenza no procedemento polo que o Concello recurrira a expropiación da pista da canteira. O xulgado falla a favor da expropiación promovida pola Xunta de Galicia e en contra dos intereses do Concello que defendía a titularidade pública da vía. 

O Concello acordou no pleno do mes de outubro de 2021 recurrir o acordo de expropiación da pista da canteira diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. 

Podes consultar aquí o contido da sentenza

Contra esta decisión, do TSXG, cabe recurso de casación diante do Tribunal Supremo, unha decisición que se estudará coa asesoría xurídica municipal xa que o recurso de casación é unha figura moi limitada a cuestións específicas. 

O alcalde xa trasladou a sentenza aos voceiros municipais e convocarase unha reunión da Comisión especial de seguemento da canteira para a semana do 26 de xullo. Nesa semana tamén se fará unha reunión veciñal en Francos para dar conta da sentenza e atender aquelas dúbidas que poidan xurdir. 

Dende o goberno municipal destácase que esta decisión "temos que agradecerlla á Xunta de Galicia que decidiu realizar esta expropiación e facilitarlle as cousas á empresa". Con todo, o Concello sempre deixou claro que a pista era importante pero non determinante na problemática da canteira" explica o alcalde de Teo, Rafael Sisto. O Concello mantén o empeño en evitar que na canteira se sitúe unha planta de residuos ou un vertedoiro encuberto. 

canteira

Arquivos descargables

Attachment Size
sentenza_expropiacion.PDF 290.33 KB