O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Deputación da Coruña oferta 11 prazas en Teo para participar na campaña de neve. Este ano o prazo para solicitar algunha das prazas remata o venres 16 de decembro. Podes descargar a ficha de inscrición aquí e entregala por rexistro, ben físico ou electrónico antes desa data.
No caso de que haxa máis solicitudes ca prazas farase un SORTEO PÚBLICO o MARTES 20 ás 10:00 horas no salón de plenos.
A actividade está dirixida a rapazada empadroada de entre 11 e 15 anos, inclusive, cumpridos a 31/12/2022. Terán preferencia os/as nenos/as que non fosen a ningunha campaña de neve da Deputación.As persoas participantes de Teo irían a Asturias na 4ª quenda, do 3 ao 6 de febreiro de 2023. Este ano irán a Estación invernal de Valgrande-Pajares en Asturias.
O custe será de 85 € (oitenta e cinco euros). Será ingresada na conta bancaria que se publicará na páxina web da Deputación da Coruña, facendo constar o nome do/a neno/a, Concello e “Campaña de neve 2023”. Esta cota cubre o transporte, estadía e manutención na estación invernal de Valgrande-Pajares, monitores, clases de esquí, seguros, alugamento de material, remontes mecánicos e todo o gasto que ocasionen as actividades e cursos programados.
Inscrición
Para formalizar a inscrición hai que entregar no Concello a seguinte documentación:
1. Ficha de inscrición debidamente cuberta e asinada polo pai e a nai, ou de ser o caso, polo titor.
3. Fotocopia da tarxeta sanitaria.
4. Fotocopia do carné de identidade ou libro de familia.
5. No caso de que o/a neno/a tivese tratamento ou doenza que teñan que ser tidos en conta, axuntarase alimentaria ou doutro tipo.
O equipo recomendado para participar nesta actividade é o seguinte: gorro, guantes, gafas de esquí e de sol, anorak térmico, pantalón impermeable ou similar, roupa de rúa (pantalóns, zapatos, suadoiros), equipamento deportivo (camisetas, pantalóns, calcetíns, chancletas para ducha, chándal e zapatillas de deportes), chuvasqueiro, mochila pequna, útiles de aseo (xampú, peite, pasta de dentes e cepillo, desodorizante), toalla de ducha, pixama, roupa interior, crema protectora do sol, factor 25 mínimo.
O material propio da actividade deportiva entregaráselle a cada participante durante a celebración da Campaña
de neve.
Attachment | Size |
---|---|
ficha neve.pdf | 643.71 KB |