O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Concello vén de publicar a listaxe de solicitudes das bolsas de ensino e transporte que teñen que subsanar ou achegar documentación. As persoas que deban completar as solicitudes teñen un prazo de dez días hábiles dende o 17 ao 30 de marzo deste ano.
Podes consultar aquí a listaxe completa na que aparecen as solicitudes que deben subsanar documentación.
A achega da documentación hai que facela en prazo e por rexistro, ben por Sede electrónica ou nun rexistro físico.
35.000 euros en axudas
A Concellaría de Educación fai unha convocatoria anual de axudas ao ensino e ao transporte. A bolsas están destinadas a axudar cos gastos de material escolar, instrumentos solicitados polos centros, libro de texto e contidos dixitais.
Estas axudas buscan apoiar o ensino público e colaborar con aquelas familias que teñen máis dificultades. O orzamento que se destina a esa convocatoria é de 35.000 euros.
As axudas poden ir dende os 100 euros en infantil ata os 200 na educacióin universitaria.
A convocatoria publicouse en novembro, cando se presentaron as solicitudes de axuda. Agora en marzo é o momento no que as persoas que teñen a solicitude incompleta poden achegar a documentación que falta.
Unha vez rematado o prazo de subsanación publicarase a listaxe definitiva como paso previo ao pagamento das axudas.