O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta mañá reuniuse a Comisión especial de seguimento da canteira da Casalonga coa presenza dos técnicos municipais e da asesoría xurídica externa. Esta comisión conta coa asistencia dun representante da Plataforma Casalonga Limpa de Residuos e dos voceiros/as dos grupos municipais. Nesta sesión, de xeito extraordinario, permitiuse a asistencia de máis membros da Plataforma, como oíntes mais sen voz durante a sesión.
A reunión convocouse para volver a explicar a decisión municipal sobre a expropiación da pista da canteira por parte da Xunta de Galicia. O Concello ten recurrida a expropiación no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia según acordou o pleno do Concello o pasado mes de outubro. Reiterouse que a nivel xurídico e administrativo esta é a decisión máis intelixente e garantista diante deste proceso impulsado pola Xunta. Volveuse a explicar que recurrir a inscrición da pista no Catastro e no Rexistro sen contar cun título de propiedade non conduce a nada favorable aos intereses do Concello e das reclamacións veciñais.
Por outra banda tamén se falou da posibilidade de recurrir o Plan de restauración que ten aprobado Toysal para a explotación da canteira. O Concello ten recurrido este plan administrativamente mais na xuntanza de hoxe falouse da posibilidade de recurrilo diante do xulgado, acordo que deberá tomar o pleno nas próximas semanas.