O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A voz da infancia e adolescencia escoitouse durante esta fin de semana no Séptimo Encontro Estatal de consellos locais de participación, que este ano volveu a reunir de forma presencial a órganos de participación infantil e adolescente de toda España. Teo foi unha das localidades representadas esta pasada fin de semana en Cáceres coa asistencia de Irene Iglesias, Alejandra Rodríguez e Lea González que estiveron acompañadas pola educadora familiar do Concello, Eva López. Na xuntanza, con 177 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos, debateuse sobre saúde mental, medio ambiente, educaición, desigualdade ou pobreza, entre outros temas.
"A participación dos nenos, nenas e adolescentes na sociedade é fundamental, posto que teñen moito que dicir e aportar sobre os temas que lles afectan agora, e tamén no futuro. Ademais a participación é un dereito que teñen. Faremos unha sociedade mellor se temos en conta as súas propostas" indicou José María Vera, director executivo de Unicef España. Este encontro foi o primeiro presencial despois da pandemia. Unicef leva dez anos organizando estas reunións.
A representación de Teo tivo un papel destacado xa que Irene, tomou a palabra na inauguración do encontro ao ter traballado no comité organizador do mesmo nos meses anteriores.
Durante toda a fin de semana, as asistentes participaron en diversas dinámicas e mesas de traballo nas que compartiron experiencias, opinións e diferentes puntos de vista ata chegar a unha serie de conclusións que se plasmaron nun Manifesto que servirá para facer incidencia política a nivel local, autonómico e estatal.
Algunhas destas conclusións son:
O lema do encontro foi "É o noso futuro, son as nosas ideas" e debateron sobre eso para chegar a estas interesantes conclusións.
Sobre Cidades Amigas da Infancia
A Iniciativa Cidades Amigas da Infancia ten como obxectivo promover, xunto coas entidades locias, que o benestar da infancia e a participación infantil e adolescente estea no corazón das políticas locais. Teo é cidade amiga da infancia dende o ano 2018. Dende entón a voz das crianzas e adolescentes de Teo tense escoitando no ámbito local pero tamén en diferentes encontros a nivel autonómico e estatal.