O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A Concellaría de Lingua programa dúas actividades para conmemorar o Días das Letras Galegas de 2022, dedicado a Florencio Delgado Gurriarán.
Así o propio Día das Letras Galegas programouse un xogo para a rapazada, recomendado para crianzas entre 6 e 14 anos. A través dun divertido xogo por equipos, as participantes coñecerán algo máis sobre a orixe e significación do Día das Letras Galegas, e os autores e autoras homenaxeadas ata o momento, ao tempo que descubrirán interesantes datos sobre a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán homenaxeado deste ano.
Esta actividade terá lugar o martes 17 ás 18.00 na Biblioteca dos Tilos.
O venres será a quenda do público adulto. A obra teatral da compañía Fantoches Baj, Tras os vieiros de Florencio,contará a vida e obra de Florencio. Un relato autobiográfico, no que tamén intercala algúns dos seus poemas, Hai sede na nova Galicia, O viaxeiro, Córgomo de Valdeorras, Conto sinxelo, Galicia Infinda…; vaino ilustrando mediante escenas construídas cos obxectos que ten máis a man. Co maletín de visitador, frascos farmacéuticos, area, a revista Vieiros, velas, unha botella de Alvariño creará imaxes e algunhas das personaxes que aparecen nos poemas, nun proceso ritual que divirte, conmove e facilita a comprensión profunda dos textos.
O Auditorio Constante Liste acollerá esta peza teatral o venres 20 de maio ás 20.00 h.
Ambas actividades precisan inscrición a través de https://www.teo.gal/gl/actividades