O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Teo coloca a bandeira galega nos edificios municipais polo 25 de xullo

| compartir:

O Concello de Teo celebra o 25 de xullo, día nacional de Galicia, coa colocación da bandeira galega nos edificios municipais. 

Teo conmemora deste xeito esta data na que as galegas estamos de celebración e deixa testemuña desta festividade coa instalación das bandeiras e moitos dos edificios municipais como as casas comúns e edificios deportivos coma os pavillóns e piscinas. A bandeira está colocada permanentemente na Casa do Concello pero dende agora loce tamén en locais de uso comunitario. 

Nos últimos días colocouse a bandeira galega na fachada dos seguintes edificios públicos: 

Pavillón da Ramallosa

Pavillón de Calo

Casa Común de Lampai

Casa Común de Rarís

Casa Común de Oza

Casa Común Marisa Mirás

Casa Común de Francos

Casa Común de Teo

Piscina da Ramallosa

Piscina dos Tilos

Feliz día nacional de Galicia!

bandeira

 

Piscina