O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Teo reparte 100 convites para a gravación da Tanxuverbena que se vai realizar este xoves 28 de abril na Área Fluvial Recreativa da Praíña, na Estrada. Esta actividade está organizada pola TVG e o Concello é colaborador pero non ten intervención directa no desenvolvemento da mesma.
A distribución destes convites, que foron facilitados pola TVG, farase a través da web municipal, no apartado teo.gal/actividades onde se poderá facer a inscrición en liña.
A reserva dos convites abrirase o mércores 27 ás 09:00 horas da mañá en teo.gal/actividades e cada persoa poderá reservar só dous convites.
IMPORTANTE: os convites son só para persoas empadroadas en Teo.
As persoas que fagan a reserva en liña poderán recoller o convite físico o xoves 28 no departamento de Cultura, no Auditorio Muncipal Constante Liste, ata as 16:00 horas.
Se non se recolle algún dos convites a partir das 16:00 horas chamarase a persoas da listaxe de agarda.
Dende o Concello destácase que se trata dunha programa de televisión gravado de xeito que as persoas asistentes ceden os seus dereitos de imaxe. A hora de entrada ao recinto farase dende as 19:30 ás 20:30 horas. A gravación rematará sobre as 01:30 horas.
Este programa emitirase dentro da programación especial da TVG polo Día das Letras Galegas, o 17 de maio. A Tanxuverbena terá como protagonistas de excepción ás Tanxugueiras mais no mesmo haberá outros artistas. O evento contará tamén coa presenza dos seguintes artistas: Familia Caamagno, La Quinkillada, Boyanka Costova, Grande Amore, Xoana, Rozalén e Andrés Suárez
A ubicación da Praíña podes vela premendo aquí