O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
A alcaldesa de Teo, Lucía Calvo, mantivo esta mañá unha reunión con Beatriz Doldán, integrante do Consejo de Residentes Españoles en Uruguay e prosecretaria da Asociación de Empresarios Gallegos del Uruguay (AEGU), co fin de iniciar contactos e forxar sinerxías entre ambas entidades.
Así, durante o encontro puxeron en común aspectos como a necesidade de dar cobertura aos veciños emigrantes nestes países, para que poidan resolver calquera dúbida ou necesidade. Neste senso, Lucía Calvo insistiu no traballo das administracións galegas para dar soporte aos veciños que, por distintas circunstancias e motivos, residen fóra do seu lugar de orixe.