O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Publícase a oferta de actividades deportivas e as actividade culturais para o curso 2023-24 para facilitar a xestión das persoas e familias á hora de programar o vindeiro curso. O primeiro prazo de inscrición comezará o 1 de setembro e estenderase ata o vindeiro 13 do mesmo mes no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica en teo.gal e terán preferencia as persoas empadroadas no Concello.
Para o segundo e terceiro curso abrirase un período de inscrición e pago no caso de quedar vacantes na primeira quincena de decembro e na primeira quincena de marzo respectivamente.
Pódense consultar as listaxes a partir do 15 de setembro en www.teo.gal ou nos departamentos de Cultura ou Deportes e nas súas redes sociais. No caso de haber máis solicitudes ca prazas haberá un sorteo público na Casa do Concello (a data do sorteo publicarase coas listaxes o día 15). As listaxes definitivas publicaranse o 29 de setembro.
A efectividade da matrícula farase mediante o pago da taxa correspondente entre o 18 e o 26 de setembro. Previamente enviarase por correo electrónico o documento de pago. Pode consultar as exencións e bonificacións e tamén no departamento correspondente e, no caso de ter dereito á bonificación é obrigatorio presentar a documentación xustificativa no momento da inscrición.
Coma todos os anos, haberá actividades para persoas adultas e para a rapazada.
É obrigatorio ter feito o pagamento para poder iniciar o curso.
Pódense descargar as fichas de inscricións, mais cabe recordar que o prazo de entrega comeza o día 1 de setembro e non son válidas as recibidas fóra de prazo:
- Folla de inscrición das escolas deportivas para a rapazada
- Folla de inscrición das escolas deportivas para persoas adultas
- Folla de inscrición das escolas culturais
Attachment | Size |
---|---|
Programa Escolas Culturais II.pdf | 179.47 KB |
Programa Deportes 23-24_compressed.pdf | 222.41 KB |
Folla inscrición escolas culturais.pdf | 711.06 KB |
RAPACES Folla inscrición DEPORTES 2023-2024.pdf | 1.24 MB |
ADULTOS Folla inscrición DEPORTES 2023-2024.pdf | 1.56 MB |