O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Esta fin de semana celebrouse o III Encontro galego de consellos locais de participación infantil e adolescente, impulsado por UNICEF-Galicia, e con representación da rapazada do concello de Teo.
Así, durante estes dous días de convivencia na Residencia de tempo libre da Xunta de Galicia no Carballiño, arredor de medio centenar de nenos e adolescentes de 12 concellos galegos abordaron cuestións de actualidade para eles, coincidindo ademais coa celebración hoxe do Día Mundial da Infancia.
Neste senso, reflexionaron sobre o dereito á protección, a prevención da violencia e o papel que desempeñan as administracións -local e autonómica- para asegurar un entorno que vela polos dereitos da infancia.
Entre xogos e diversas actividades, o alumnado participante puido debater sobre a súa propia protección nos ámbitos familiar, educativo, sanitario e deportivo; poñendo tamén o foco sobre o papel que xogan as redes sociais en situacións de vulnerabilidade.
Programa Cidades Amigas da Infancia
O programa Cidades Amigas da Infancia, iniciativa liderada por UNICEF Comité Español desde el año 2002 e no que participa o Concello de Teo, busca contribuír a mellorar as condicións de vida dos nenos, nenas e adolescentes mediante a promoción e a implantación de políticas municipais que garanten o seu desenvolvemento integral cun enfoque de dereitos.