O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos

Esta semana comezou un novo curso do programa Cidades Amigas da Infancia coa formación sobre dereitos da infancia nos centros educativos de Teo

| compartir:

Ao longo desta semana o departamento de Benestar do Concello realizou a formación sobre dereitos da infancia, que este ano se centrará no dereito á protección e seguridade da infancia e adolescencia. A formación vai dirixida ao alumnado de 6º curso de educación primaria a 3º ESO, os cales terán a oportunidade de coñecer as actividades desenvoltas nos órganos de participación infantil e adolescente que ten o Concello, co fin de que a rapazada teña voz e sexa escoitada na posta en marcha das políticas municipais en asuntos que lles afectan.

Así, mañá -luns 30 de outubro- os participantes que o desexen poderán intervir na primeira sesión do Foro de participación infantil e adolescente (FoPIA), que se celebrará no Salón de Plenos do Concello ás 17,30 horas.

Tendo como marco o Día Mundial da Infancia, que se celebra o 20 de novembro, o FoPIA participará en varios actos promovidos pola Xunta de Galicia e UNICEF. Así, no mes novembro asistirán á sesión anual do Foro infantil do Parlamento de Galicia e ao III Encontro galego de Consellos de participación da infancia e adolescencia que terán lugar o 18 e 19 de novembro na Residencia xuvenil do Carballiño.

Ademais, lerase unha declaración institucional para que as Administracións se comprometan coa promoción dun maior e máis eficiente investimento na infancia, garantindo que se asignan os recursos necesarios para avanzar na consecución dos seguintes obxectivos:

1. Cada neno, nena e adolescente é valorado, respectado e tratado xustamente.

2. As voces, necesidades e prioridades de cada neno, nena e adolescente téñense en conta en todas as decisións que lles afectan.

3. Todos os nenos, nenas e adolescentes teñen acceso a servizos esenciais de calidade.

4. Todos os nenos, nenas e adolescentes viven en contornas seguras, gozan dun medio ambiente limpo e sustentable.

5. Impulsar e promover os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes a nivel global.

 

 

nenos