O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
O Servizo de Bono Social Eléctrico lévase a cabo todos os mércores, de 10.00 a 12. 00 horas, no Salón de Plenos
Diante da convocatoria das eleccións locais, que se celebrarán o 28 de maio de 2023, a Oficina do Censo Electoral comunica aos Concellos que o prazo de exposición pública do Censo Electoral será do 10 ao 17 de abril. Nese prazo, os interesados poderán achegarse ao Concello a comprobar os seus datos e proceder a facer as reclamacións que foran necesarias. Esta consulta tamén poderá facerse a través do teléfono 900.343.232 ou de xeito telemático premendo aquí
O Censo Electoral contén as inscricións das persoas con dereito de sufraxio, en xeral os españois maiores de idade non incapacitados, tanto se son residentes en España como se son residentes no estranxeiro, independentemente da súa posible ampliación para as Eleccións Municipais e ao Parlamento Europeo cos electores estranxeiros residentes en España que teñan o dereito de sufraxio recoñecido legalmente, por ser nacionais doutros países da Unión Europea nas Eleccións ao Parlamento Europeo e municipais, ou doutros países nas Eleccións locais en virtude dun Tratado que así o estableza.
A consulta do censo é de especial interese para as persoas que veñen de cumprir os 18 anos e poden votar por primeira vez ou cambiaron de enderezo recentemente.
As persoas que cumprindo os requisitos non aparezan no censo ou aparezan con datos erróneos poden facer unha reclamación dende o 10 ao 17 de abril. A Oficina do Censo Electoral é a encargada de resolver as reclamacións.
O 21 de abril publícanse as rectificacións ao censo electoral.